martes, 28 de febrero de 2017

AZUCRE, POR QUE TANTO?

Que perigo no ENTROIDO!!!!
Cos riquísimos postres que hai na nosa gastronomía...!!!
Menos mal que se fan na casa con ingredientes moito máis naturais e con moito cariño.
Pero, ollo, ... con moderación!!!

Que lle fai o azucre ao noso corpo?
Caries, demanda vitaminas grupo B, resistencia insulina e diabetes tipo 2, adicción, inhibe sistema inmunolóxico, obesidade, colesterol, mala circulación, riscos cardiovasculares, relaciónase con algúns cancros, ...
"O azucre xera adicción", esta é a impactante conclusión dun estudo británico (ABC-11/2/2014).
O azucre está presente na maior parte dos alimentos que consumimos a diario e en xeral en cantidades moito maiores das necesarias. Se as sumamos, ao longo dun día, excedemos con moito as cantidades diarias recomendadas.
Consultade as etiquetas dos alimentos que tomades ao longo dun día e sumade. 
Canto azucre consumides diariamente?

A Organización Mundial da Saúde (OMS) aconsella que non máis dun 10% das calorías totais da nosa dieta sexan en forma de azucre (en grupos de risco - 5%). Se 1 gr. de azucre ten 4 calorías, suporía non máis de 50 gr. de azucre ao día (menos como prevención).


Escoita o que nos contaban xa no 2014:

6 comentarios:

  1. Mima moitos alimentos teñen azucre case todos e saber que algunha persoas toman todo con azucre.Como di o artigo suporia non mais de 50gr.Sequro que todos nos pasamos.Ah cantas cousas lle fai a o noso corpo e como dixen non nos debemos pasar de 50gr.
    Paula 5A.

    ResponderEliminar
  2. Encantoume o video e a miña naique sempre nos anda co do azucre tamen lle encantou.A pregunta supoño que sobre 50g.A min tamen me mintiron os 'hacendado' porque onte merquei uns chicles que poñia sen azucre pero fun a os valores nutricionais e tiña 6,5 de azucre.


    Son Lucía Castro.

    ResponderEliminar
  3. Eu e todos creo que nos pasamos pero despois de mayor pode darte a tensión ,un itus polo azucre ....Eu vexo moita xente que se pasa de mais

    LUCIA CASAL 5A

    ResponderEliminar
  4. Estou investigando sobre o volcán ETNA que e o volcán mais grande de EUROPA ,maña xa levo a información.

    LUCIACASAL 5A

    ResponderEliminar
  5. Hola somos Mara e Valentina de 5ºA parécenos moi interesante que o azucre faga que teñamos moitas enfermidades.

    ResponderEliminar
  6. eu digo igual como o azucre sendo tan pequeno pode causar moitas enfermidades

    jorge 5a

    ResponderEliminar