Sabemos que a cebola é una fonte rica en:
- Vitaminas : B3, B6, C, E, ... .
- Minerais: Potasio, calcio, magnesio.
- Proteínas, ....
Ademais é un alimento eficaz contra innumerables problemiñas de saúde.
Pero, cando nos poñemos a cortala, parece imposible non poñernos a chorar.
Por que nos pasa esto?
Segundo nos din estos fantásticos investigadores parece ser que cando cortamos cebola producimos roturas celulares que permiten a un enzima chamado ALINASA entrar en contacto cunha molécula inodora presente no interior. Esta combinación, produce unha reacción química, que xera certas moléculas volátiles, entre elas o propanotial que, ao penetrar no ollo, en contacto co seu líquido, provoca irritación ocular e lacrimeo. Tamén o ácido sulfúrico que produce contribúe a danar a membrana conxuntiva.Posibles remedios:
- Cortar a cebola debaixo ou cerca do grifo de auga fría aberto. Os compostos volátiles producidos na reacción química disólvense en contacto coa auga antes de chegar aos ollos.
- Conxelar a cebola durante uns 10 minutos antes de cortala. A fría temperatura ralentizará a reacción que da lugar ás substancias volátiles que nos fan chorar.

que ilustracions mais interesantes
ResponderEliminarjorge
Que interesante é o noso ollo por dentro.
ResponderEliminarSon Paula5A