sábado, 22 de octubre de 2016

MANTIS... SABEMOS MÁIS?

Estas son algunhas das cousas extraordinarias que descubrimos sobre a MANTIS.


Aquí vos deixamos unhas páxinas superinteresantes para os que queirades todavía saber máis sobre este extraordinario insecto:


E agora, que xa investigastes, que outras cousiñas descubristes sobre a MANTIS?

martes, 18 de octubre de 2016

VISITA APOLOS

O pasado martes 11 de outubro tivemos unha gran visita, os Apolos (EI 5 anos).
Viñan porque se enteraron de que tiñamos unha exposición de bichiños: Avespas, mantis, arañas, libélulas, saltóns, ... 
A súa primeira pregunta foi se tiñamos a araña que picou a Spiderman. Seica moitos destos bichiños teñen "superpoderes" (teremos  que investigalo con detalle).
Pasaron polos nosos recunchos de traballo: O microscopio, os libros científicos, as colecións de insectos, os nosos experimentos con plantas, o blog e páxinas de información científica en rede. 

Sabían moitas cousas, e aínda así prestaron moita atención ás nosas explicacións.
Encantounos a súa visita! Nós tamen aprendimos moito!


Visita Apolos - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

E agora xa temos moitas ganas de ver os robots cos que eles están a traballar.
Aquí vos deixamos un enlace ao seu blog para que vexades as cousiñas superinteresantes que están a facer: 

Ata outra!

lunes, 17 de octubre de 2016

OOTECA DE MANTIS

Si, Anxo, era o capullo dunha MANTIS.


Pero, que sabedes deste fermosísimo e peculiar animal?



sábado, 15 de octubre de 2016

SEREDES QUEN... ?

Vedes ben esta imaxe?
É unha pupa, ooteca, ... vamos, un pequeno capullo, onde algún insecto depositou o seus  pequerrechiños ovos, sobre 200 ou 300. Temos un coma este na aula. Os bos "exploradores" seguro que se deron conta se visitaron o recuncho de exposición de "bichiños". Foi un agasallo da profe Luisa.
Pero, ... Seredes quen de averiguar a que insecto pertence? 

lunes, 10 de octubre de 2016

ABELLAS E AVESPAS

Estamos traballando co reino dos animais, en concreto cos insectos, e pareceunos interesante, debido a colonización realizada polas avespas asiáticas en Europa, e o dano que están a facer coas abellas, aprender a diferenciar estas avespas das especies autóctonas, para así non danar ás nosas.
Coñecemos moitas diferenzas con respecto da abella: A súa picadura, o lugar onde viven, ... pero o que nos interesaba era como recoñecelas a simple vista. Aquí deixamos algunhas diferenzas que nos poden axudar:

En concreto, aquí en Galiza, temos confundido á Vespa Velutina, coa Vespa Crabro, principalmente, porque esta última, é bastante grande, pero como vedes na imaxe, son lixeiramente distintas.
Con todas estas pistas seredes quen de identificar e diferenciar unha avespa dunha abella, ou unha vespa asiática de calquera outra avespa?
Intentádeo....


Recordade que se vos topades con Avespas Asiáticas é recomendable chamar ao 112, nunca golpear ou provocalas, dado que van protexer a súa colmena a toda costa.

viernes, 7 de octubre de 2016

O MICROSCOPIO

En ciencias da natureza estamos a traballar cos seres vivos, pero, este mundo que nos rodea está cheo de pequenos seres non perceptibles para o ollo do ser humano e grazas a grandes pensadores, científicos e inventores da historia como: Galileo, os irmáns Jansen, Leeuwenhoek, Hooke, ... temos hoxe a posibilidade, a través do MICROSCOPIO, de poder velos con gran detalle. E non só eso, senón, tamén esas pequenísimas "Células", parte máis pequena dun ser vivo, capaz de realizar as tres funcións vitais.
Partes do Microscopio:

Pero, se queredes saber máis sobre como se debe usar, podedes ollar este vídeo:

Xa nos contaredes como se ven esos pequenos seres e células a través do Microscopio.

jueves, 29 de septiembre de 2016

PARA IR COMEZANDO

Que mellor forma... 
En Ciencias Sociais estamos traballando co Universo e o Sistema Solar, así que,

vamos colgar algúns recursos nos que curiosear, observar, investigar, xogar, traballar, ... A elixir.
Xogos Lim:
   -O Universo
  -Simulación movementos Terra (avaliación)
  -Animación Sistema Solar 
  -Documental: Sistema Solar
  -Documental: Como se formó el Sistema Solar

Actividades:
  -Do Sistema Solar ao noso Planeta
  -NasaSpace Place

Noticias Universo:
  -Nasa en Español
  -Axencia espacial europea


En canto curioseedes un pouquiño, dádenos a vosa opinión dos xogos e actividades que máis vos gustaron e por que. E se coñecedes algún outro realmente interesante, compartídeo con nós.

A explorar... Pequenos e grandes científicos!!!!

miércoles, 28 de septiembre de 2016

SUPERCIENTÍFICOS

BENVIDOS!!

Ola! Somos alumnos e alumnas de 5º curso do colexio de Reboreda. Neste novo blog que abrimos queremos compartir con vós as nosas experiencias máis científicas.
Esperamos que vos guste!!

Podedes colaborar con nós cos vosos comentarios.
Ata pronto!