lunes, 10 de octubre de 2016

ABELLAS E AVESPAS

Estamos traballando co reino dos animais, en concreto cos insectos, e pareceunos interesante, debido a colonización realizada polas avespas asiáticas en Europa, e o dano que están a facer coas abellas, aprender a diferenciar estas avespas das especies autóctonas, para así non danar ás nosas.
Coñecemos moitas diferenzas con respecto da abella: A súa picadura, o lugar onde viven, ... pero o que nos interesaba era como recoñecelas a simple vista. Aquí deixamos algunhas diferenzas que nos poden axudar:

En concreto, aquí en Galiza, temos confundido á Vespa Velutina, coa Vespa Crabro, principalmente, porque esta última, é bastante grande, pero como vedes na imaxe, son lixeiramente distintas.
Con todas estas pistas seredes quen de identificar e diferenciar unha avespa dunha abella, ou unha vespa asiática de calquera outra avespa?
Intentádeo....


Recordade que se vos topades con Avespas Asiáticas é recomendable chamar ao 112, nunca golpear ou provocalas, dado que van protexer a súa colmena a toda costa.

10 comentarios:

  1. moi interesante asavespas e abellas



    izan 5A

    ResponderEliminar
  2. É moi interesante. Por certo, penso que na casa dos meus avós hai un niño de avespas asiáticas
    Antón
    5ºA

    ResponderEliminar
  3. Lucas 5A: Gustoume moito o voso recuncho nenos de 5A.

    ResponderEliminar
  4. Hoxe viñeron a visitarnos Os Apolos.Ensinamoslles os nosos animaliños,gustoulles moito o niño de avespas asiáticas.Convidamos a todos a vir pola nosa aula.

    ResponderEliminar
  5. son uxia de 5A eu e meu pai atopamos un niño de avespas crabo e o meu pai tiñalle medo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. El e calquera. Coidado!. Pero, sempre podemos sacarlle fotos e traelas a clase (as fotos). Se hai perigo, chamade ao 112.

      Eliminar
  6. Gustame saber como funciona o microscopio e tamén as diferencias estre as abellas e as avispas, avispas asiáticas e as avispa europeas,...

    Carla

    ResponderEliminar
  7. Son Andrea de 5A ,gustoume moito o traballo das avespas,porque xa que nos están invadindo as avespas asiáticas e importante diferencialas para saber de qué tipo son.

    ResponderEliminar
  8. a min tamen gustoume aprender como funciona o microscopio

    ResponderEliminar