O pasado martes 11 de outubro tivemos unha gran visita, os Apolos (EI 5 anos).
Viñan porque se enteraron de que tiñamos unha exposición de bichiños: Avespas, mantis, arañas, libélulas, saltóns, ...
A súa primeira pregunta foi se tiñamos a araña que picou a Spiderman. Seica moitos destos bichiños teñen "superpoderes" (teremos que investigalo con detalle).
Pasaron polos nosos recunchos de traballo: O microscopio, os libros científicos, as colecións de insectos, os nosos experimentos con plantas, o blog e páxinas de información científica en rede.
Sabían moitas cousas, e aínda así prestaron moita atención ás nosas explicacións.
Encantounos a súa visita! Nós tamen aprendimos moito!
E agora xa temos moitas ganas de ver os robots cos que eles están a traballar.
Aquí vos deixamos un enlace ao seu blog para que vexades as cousiñas superinteresantes que están a facer:
Ata outra!

Encantoume o video da visita dos Apolos
ResponderEliminarbos dias somos Sheyla Iván y Izan de 5ºA: gustounos moito o video dos APOLOS, estamos ansiosos por ver os seus robots cando terminen de facelos.
ResponderEliminarhola somos Anxo,David,Uxia e Valentina na visita dos Apolos pedimoslle que si podiamos ir a ver os robots que teñen na sua clase nos dixeron que si, e estamos impacientes por ir a velos.Os Apolos estavan moi nerviosos na visita pero iso non lles impèdiu portarse ben
ResponderEliminarOla! somos Carla,Lucia Casal ,Lucia Castro e Antón.
ResponderEliminarEncantounos a visita dos Apolos. Fixemos 4 recunchos uns explicabanlles o funcionamento do microscopio,as plantas,os insectos,os libros e o noso blog.Prestabanos moita atencion.
Fai uns días tivemos unha visita moi especial.Viñeron os Apolos.Gustaronlle moito os nosos recunchos científicos.Nos estamos moi emocionados por coñecer e ir a sua clase robótica.Estamos moi impresionados porque para ser nenos pequenos prestaban moita atención as nosas explicacións.E ademáis eran moi listos.
ResponderEliminarSomos Lois,Paula e Raúl.
Encantounos a vosa exposición e aprendemos unha chea de cousas. Ademais, de cando en cando, visitamos o voso blog para seguir aprendendo. Pasámolo moi ben e estamos desexando repetir.
ResponderEliminarGRAZAS!
OS APOLOS