sábado, 17 de febrero de 2018
jueves, 15 de febrero de 2018
SAÍDA ROBÓTICA
Tanto traballar con Robots, xa nos entraba curiosidade de que aplicacións prácticas tiñan na vida real.
Mañá venres, 16 de febreiro, vamos ir a unha empresa de Robótica Industrial: UNIMATE ROBÓTICA.
Deixámosvos o enlace á súa páxina para que curioseedes un pouquiño.
Mañá venres, 16 de febreiro, vamos ir a unha empresa de Robótica Industrial: UNIMATE ROBÓTICA.
Deixámosvos o enlace á súa páxina para que curioseedes un pouquiño.
Tentaremos aprender un montón.
Xa vos contaremos.
lunes, 12 de febrero de 2018
LUNS: NOVAS CIENTÍFICAS
Hoxe é luns e como tal toca: NOVAS CIENTÍFICAS.
Aquí vos deixo algunhas novas que podemos comentar:
- Deterxentes ecolóxicos: Segundo estudios de investigación alemáns, bacterias polares que sobreviven en condicións de frío extremo, con pouca auga líquida e alta radiación ultravioleta, poderían servir para producir deterxentes "ecolóxicos" e "biocombustibles".
- Colibrí: Segundo estudios internacionais, estas aves deben a súa destreza á súa potencia muscular, ao tamaño das súas ás e a súa habilidade. Sabedes que poden bater as ás 30 veces por segundo?
Que vos parece?
E vós ... escoitastes, lestes, vistes, ... algo interesante estos días?
sábado, 3 de febrero de 2018
QUE LÚA!!!
Durante esta pasada semana falamos, como non podía ser doutro xeito, do cúmulo de lúas que aconteceron do martes 30 ao mércores 31: SUPERLÚA, LÚA AZUL, LÚA DE SANGUE E ECLIPSE DE LÚA. Unha coincidencia que non se daba dende hai 150 anos. Pero, non tiñamos claro o que era cada unha delas.
O eclipse e a superlúa, hai pouco que falamos deles. Neste ECLIPSE en concreto, o Sol, a Terra , e a lúa, alíñanse, dando lugar a un eclipse total de lúa.
A SUPERLÚA ocorre cando o punto máis cercano da órbita da lúa ao redor da terra (perigeo), coincide cunha lúa chea, o que fai que se vexa sobre un 10 ou 15% máis grande.
LÚA AZUL chámaselle á segunda lúa chea dun mesmo mes.
A LÚA DE SANGUE é debida a que durante o eclipse a atmosfera da terra filtra a luz azul e verde dos raios solares, mentras que deixa pasar a luz vermella.
Unha pena que na nosa latitude non nos puideramos deleitar con todo o explendor destos acontecementos...
Sabedes se temos, neste 2018, no noso territorio, a posibilidade de ver directamente algún acontecemento astronómico similar ou parecido?
Etiquetas:
astronomía,
eclipse,
lúa,
lúa azul,
lúa sangue,
superlúa,
universo
martes, 30 de enero de 2018
ESENCIA ANIMAL 2
Solucionada a dúbida: Ambar gris e almizcle.
Algunha curiosidade:
AMBAR GRIS: Secreción producida polo cachalote, cerosa e inflamable de olor dulzón. Moi apreciado en perfumería na fixación dos aromas. (ver wikipedia )
ALMIZCLE: Secreción producida nunha glándula dalgúns animais como o cervo almizclero, moi apreciada tamén en perfumería. (ver wikipedia )
Algunha curiosidade:
viernes, 26 de enero de 2018
ESENCIA ANIMAL
Na nosa sección de novas científicas, saiu o tema dos perfumes e as substancias que se utilizan na súa elaboración.
E unha gran dúbida nos corroe...
Que segregan os cachalotes que se poida empregar en perfumería?
e os cervos almizcleros?
Que,... averigüástelo?
miércoles, 24 de enero de 2018
coñecendo SCRATCH
Seguro que xa sabedes que con scratch se poden facer moitas cousiñas,....
Xogos
Repaso
Medio ambiente, Felicitacións, Titoriais, ... e moito máis.
MOITAS GRAZAS A TOD@S OS QUE COLABORAN E APORTAN O SEU TRABALLO!!!!
jueves, 18 de enero de 2018
sábado, 13 de enero de 2018
UN INSECTO NO PATIO
O certo é que a natureza está chea de animaliños, e cando nos fixamos e observamos con calma, os vemos. En concreto, parece ser, que máis dun 90% de formas de vida do noso planeta, son insectos.
Onte á entrada, ben cediño, os nen@s toparon este pequeno insecto no patio (ver imaxe). Ao que máis e ao que menos, lles costaba collelo, tocalo, ... pero, sentiron curiosidade, querían saber que tipo de animaliño era, que especie, ...
SEREDES QUEN DE DESCUBRILO?
Aquí vos quedan algunhas páxinas interesantes onde poder buscar. Si atopades algunha outra, comunicádeo.
viernes, 12 de enero de 2018
APARATOS FUNCIÓN NUTRICIÓN 1
E agora a xogar. Entra nos seguintes enlaces e intenta ser o primeiro da lista:
martes, 9 de enero de 2018
Exposición RAPOSO
Para finalizar o 1º trimestre, fixemos unha actividade ao redor dos animais das distintas aulas. O noso era o RAPOSO, e ademais de ofrecer información sobre as súas características, alimentación, habitat, ... interpretamos un pequeno poema e fixemos un pouco de origami co noso público.
Unha actividade moi interesante!!!
E vós, de que animaliño fostes ver a exposición, que foi o que máis vos gustou??
jueves, 4 de enero de 2018
"DA VINCI: A EXPOSICIÓN"
Supoño que como bos "Exploradores" e "Supercientíficos" que sodes xa estaredes enterados da exposición de LEONARDO DA VINCI que hai en Vigo.
Seguro que recordades ao gran LEONARDO: escultor, pintor, arquitecto, científico, enxeñeiro, inventor, anatomista, médico, .... un home do "RENACEMENTO".
Pois dende o 1 de Decembro e ata o 4 de Marzo temos a sorte de poder contar coa que din é a exposición máis extensa e mellor coidada sobre este xenio da historia. Réplicas, reproducións, maquetas, .... dos seus escritos, cadros, deseños e inventos, ... unha exposición interactiva, didáctica e entretida.
Na nave "El Tinglado", no porto de Vigo (ao lado do edificio da Xunta). Os luns está pechado.
Para ir facendo boca, aquí vos deixo este enlace ao vídeo de FV da exposición:
Xa nos contaredes!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















