Xa temos algunhas pistas sobre a nosa preciosa serpe, pistas importantes para ser quen de distinguir entre unha serpe velenosa e unha que non o é:
(Se clicades nas imaxes iredes ás páxinas de onde sacamos a información e as imaxes)
1. Cabeza: A maior parte das serpes velenosas teñen cabeza triangular.
A nosa ten cabeza redondeada
2. Cores: Moitas serpes velenosas teñen cores chamativas e brillantes.
A nosa ten cores uniformes e oscuros por arriba e claros por debaixo.
3. Ollos: A maior parte das serpes velenosas teñen pupila vertical.
A nosa ten pupila redonda
4. Cola: A maior parte das serpes velenosas teñen unha cola máis curta e grosa, con unha soa fila de escamas.
A nosa todavía non a observamos con tanto detemento.
Hai moitas outras pistas que nos permiten distinguir unha culebra dunha víbora...
Coñecedes algunha outra pista que poidamos investigar e nos permita averiguar de que serpe se trata?




Estiven investigando sobre a noso serpe e atopei uns fotos.Nunha sae unha serpe parecida a esta que se chama Boa de Haiti.Tamen atopei unhas fotos onde saen diferenzas o mercores vou a levalas ao cole.Isto da investigacion a min estame sendo un pouquillo lioso,jijijiji.
ResponderEliminarPaula 5A.