Mostrando entradas con la etiqueta serpe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta serpe. Mostrar todas las entradas

domingo, 4 de junio de 2017

IDENTIFICADA A NOSA SERPE


  • Pupila redonda
  • Cabeza redondeada e longa e fociño puntiagudo
  • Ollos grandes con escamas supraoculares prominentes
  • Color superior pardo e inferior amarillento
  • Pequenos colmillos situados na parte traseira da súa mandíbula
  • ...

En definitiva... Despois de moitas investigacións... 
"CULEBRA BASTARDA"
(Malpolon Monspessulanus)
A culebra máis grande e forte da península e de toda europa, unha das dúas cóbregas velenosas que hai en España. Non é perigosa para o ser humano pois o seu veleno é de baixa toxicidade e a colocación traseira dos colmillos dificulta a mordida e a inyeción do veleno, só o utiliza para inmovilizar en ocasións ás súas presas.
Queredes saber máis sobre esta preciosa serpe?

E vós que nos podedes contar sobre as serpes que viven ao noso redor?

miércoles, 22 de febrero de 2017

UNHA SERPE NO CAMIÑO 2

Xa temos algunhas pistas sobre a nosa preciosa serpe, pistas importantes para ser quen de distinguir entre unha serpe velenosa e unha que non o é: 
(Se clicades nas imaxes iredes ás páxinas de onde sacamos a información e as imaxes)
1. Cabeza: A maior parte das serpes velenosas teñen cabeza triangular.
A nosa ten cabeza redondeada

2. Cores: Moitas serpes velenosas teñen cores chamativas e brillantes.
A nosa ten cores uniformes e oscuros por arriba e claros por debaixo.

3. Ollos: A maior parte das serpes velenosas teñen pupila vertical.
A nosa ten pupila redonda

4. Cola: A maior parte das serpes velenosas teñen unha cola máis curta e grosa, con unha soa fila de escamas.
A nosa todavía non a observamos con tanto detemento.
Hai moitas outras pistas que nos permiten distinguir unha culebra dunha víbora...
Coñecedes algunha outra pista que poidamos investigar e nos permita averiguar de que serpe se trata?

viernes, 17 de febrero de 2017

UNHA SERPE NO CAMIÑO

 No camiño de Reboreda topamos esta pequena culebra.

 Bueno, tampouco era tan pequena....
PRECIOSA!
Por arriba oscura, parduzca, por debaixo, máis clara. Estaba morta e a recollemos. Non sabemos a que especie pertence, non sabemos tampouco se é ou non velenosa.

Seremos quen de averiguar que tipo de culebra é?