Marte é o cuarto planeta en orden de proximidade ao Sol e o segundo máis pequeno do noso Sistema Solar. Coñecido como o planeta vermello é o planeta interior máis alonxado do Sol. É un planeta telúrico (rochoso, formado por silicatos) cunha atmosfera delgada de dióxido de carbono. Marte ten dous satélites: Fobos e Deimos, e é facilmente observable dende a Terra.
Por que nos resulta tan interesante?
Aínda que Venus é o planeta máis cercano á Terra, a posible existencia de auga en MARTE é un dos maiores descubrimentos da historia da NASA, que da pé a pensar que pode haber non só líquido no Planeta Vermello, se non tamén vida.
MARTE
Satélites - 2
Diámetro - 6794,4 Km
Periodo Rotación - 24h 37m 22s
Tª: mínima= -87ºC /media= -46ºC / máxima= 20ºC
Aquí vos deixamos tamén o vídeo interactivo da Nasa onde poderedes vós mesmos orientarvos co rato no planeta vermello. A ver que sodes capaces de descubrir?


Seyla e David que interesante son os videos informa moito,e o que escribeches sobre MARTE.... tamén e moi interesante que chulo.
ResponderEliminarNon me imaxinaría que no planeta vermello houbese vida,
ResponderEliminar!É incrible¡
Mara 5A
Eu pensei que como Marte era o segundo planeta máis pequeno que non tiña ningún satélite
ResponderEliminarParéceme moi interesante o do planeta marte q teña agua,agora teño a curiosidade de se ten vida ,tampouco sabía q tiña dous satélites.
ResponderEliminarAndrea5A