Mostrando entradas con la etiqueta maestro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta maestro. Mostrar todas las entradas

viernes, 16 de junio de 2017

TAEKWONDO: UN POUCO DE HISTORIA

Seguro que xa vistes no blog da Biblio que a semana pasada tivemos con nós ao maestro Iago e ao maestro Roi, cos que practicamos Taekwondo.


Coñecedes algo da historia das Artes Marciais? 
e en concreto do TAEKWONDO?

As orixes do Taekwondo sitúanse sobre o ano 50 d.C.. A evidencia da súa práctica foi atopada en antigas tumbas por arqueólogos xaponeses, durante a ocupación.
Os militares da dinastía Goguryeo desenvolveron un estilo de boxeo, baseado en diversos estilos chinos, adaptados ás súas propias necesidades. Era un estilo que daba moita importancia ás patadas en lugar de aos puñetazos. Este estilo de defensa persoal sen armas é o denominado Taekkyon.

E agora deixámosvos cunha exhibición de Pumses (técnicas):