Este pasado mércores día 15 de febreiro, o alumnado do Ceip Santo Paio de Abaixo de 6º, 5ºA e infantil de 4 e 5 anos fomos a cidade de A Coruña para visitar os Museos: A Casa dos Peixes e o MUNCYT.
Na Casa dos Peixes chamounos moito a atención o tiburón touro Gastón, coa súa incrible mandíbula con 3 filas de dentes arriba e outras 3 abaixo; e os pulpos, que seica teñen 9 cerebros, 3 corazóns e sangre azul.
No Muncyt, encontrámonos con dous personaxes moi especiais: Marilú e Pepexán, uns robots moi simpáticos. O que máis nos impresionou foi o "Jumbo", boeing 747, Lope de Vega, un avión enorme, que transportou o Guernica de Picasso de volta a España; e por suposto a experimentación coas reaccións químicas coa vitamina C.
Na Casa dos Peixes chamounos moito a atención o tiburón touro Gastón, coa súa incrible mandíbula con 3 filas de dentes arriba e outras 3 abaixo; e os pulpos, que seica teñen 9 cerebros, 3 corazóns e sangre azul.
E para rematar a visita, subimos ao Monte de San Pedro, coas súas magníficas vistas, de onde se ve toda a cidade de A Coruña, e xogamos e compartimos todos xuntos un momento de ocio.
Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas!
(Seguro que o apreciades nas fotos)
Se queredes coñecer máis sobre estos museos, visitade as súas páxinas tres artigos máis abaixo e animádevos a visitalos.
O curioso destas saídas é que aínda que aprendemos moitas cousas, todavía vimos con moitas máis dúbidas... Saberedes dicirnos...
Onde están situados os 9 cerebros e os 3 corazóns do pulpo?
Cantos dentes pode chegar a ter un tiburón Touro?
Cal é o tiburón coa mordida máis poderosa? Que outros alimentos teñen unha gran cantidade de vitamina C?
Alumnado 5ºA
Que chulas as fotos profe.
ResponderEliminarPaula 5A
A investigar...
ResponderEliminarOs polvos teñen tres corazons:dous dos corazons levan sangue sen osixeno as bronquias e o terceiro transporta o sangue osexenada ao resto do corpo.
Este cefalopodo ten nove cerebros.Cada unha de sus oito extremidades estan conectadas a oito pequenos cerebros,os cales dependen do cerebro principal.
O tiburon touro ten a mordida mais poderosa entre todas as especies de tiburons,descubriu un estudo cientifico.
Os alimentos con vitamina C son:bayas vermellas,kiwi,pemento vermello e verde,tomates,espinacas,e os zumos feitos de guayaba,toronja,naranja e melon.Outros alimentos con vitamina C son:brocoli,fresas,pementos verdes,coles de bruselas e melon.
Paula 5A.
Profe creo que paseime un pouco investigando.Jjijiji.
ResponderEliminarPaula 5A.
Cando un sinte unha sana curiosidade por saber, nunca se pasa nas súas investigacións, sempre queda moito máis por saber, e hai tanto ao noso redor que poder observar que nos pode axudar a entender un pouco mellor o mundo que nos rodea...
EliminarA seguir así. Ao fin... non erades os "Exploradores", pois agora "exploradores" e "investigadores". Uns completos científicos.
Xa pero como hoxe por exemplo a Anton lle dixesches mima pois...
EliminarPaula 5A
Verdade que si exploradores o nome cadrou ata para agora.
EliminarPaula5A