Mostrando entradas con la etiqueta coruña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta coruña. Mostrar todas las entradas

domingo, 19 de febrero de 2017

MUNCYT E AQUARIUM: A CORUÑA

Este pasado mércores día 15 de febreiro, o alumnado do Ceip Santo Paio de Abaixo de 6º, 5ºA e infantil de 4 e 5 anos fomos a cidade de A Coruña para visitar os Museos: A Casa dos Peixes e o MUNCYT.
Na Casa dos Peixes chamounos moito a atención o tiburón touro Gastón, coa súa incrible mandíbula con 3 filas de dentes arriba e outras 3 abaixo; e os pulpos, que seica teñen 9 cerebros, 3 corazóns e sangre azul.

No Muncyt, encontrámonos con dous personaxes moi especiais: Marilú e Pepexán, uns robots moi simpáticos. O que máis nos impresionou foi o "Jumbo", boeing 747, Lope de Vega, un avión enorme, que transportou o Guernica de Picasso de volta a España; e por suposto a experimentación coas reaccións químicas coa vitamina C.


E para rematar a visita, subimos ao Monte de San Pedro, coas súas magníficas vistas, de onde se ve toda a cidade de A Coruña, e xogamos e compartimos todos xuntos un momento de ocio.
Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas!
(Seguro que o apreciades nas fotos)

Se queredes coñecer máis sobre estos museos, visitade as súas páxinas tres artigos máis abaixo e animádevos a visitalos.

O curioso destas saídas é que aínda que aprendemos moitas cousas, todavía vimos con moitas máis dúbidas... Saberedes dicirnos...

Onde están situados os 9 cerebros e os 3 corazóns do pulpo?
Cantos dentes pode chegar a ter un tiburón Touro?
Cal é o tiburón coa mordida máis poderosa? 
Que outros alimentos teñen unha gran cantidade de vitamina C?
Alumnado 5ºA

jueves, 9 de febrero de 2017

UNHA SAÍDA MOI CIENTÍFICA

O próximo mércores 15 de febreiro temos previsto facer una saída á Coruña. Eso si, como non podía ser doutra maneira, una saída moi científica. Entrade nas súas webs e curioseade un pouquiño nas moitas iniciativas que ofertan a grandes científicos coma vós.





















CASA DOS PEIXES