jueves, 24 de noviembre de 2016

FROITOS OUTONO 2

FANTÁSTICO!
Pois si que investigastes...! No blog, na libreta de campo, ... 
Moi ben!
Pero, como xa falamos... Cando se pode considerar que un produto, froita, cultivo, especie, ... é autóctono dun lugar?
Canto tempo debe pasar dende que se implante o seu cultivo ata que  se poida dicir que é autóctono?
Por riba, ante os últimos achados arqueolóxicos, hai moita controversia ao redor da orixe, procedencia, datas, ... de moitas destas froitas.
Ben sabemos que hai especies que se levan cultivando na península, en Galicia, dende a época dos Fenicios, Cartaxineses, Gregos, Romanos, ... En estos casos, podemos dicir entón que 2000 anos é tempo dabondo para considerar un cultivo autóctono?
En cambio outros só levan 400-500 anos, ou menos, 100-200 anos, dende a súa chegada e cultivo.

E sabendo como sabemos, que a introdución de especies animais pode alterar os ecosistemas. Sucede o mesmo coas especies vexetais? Coñecemos algún exemplo?

2 comentarios:

  1. Nunca imaxinei que a CASTAÑA puidera ser de ASIA MENOR

    Mara5A

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Mara! Supoño que leches toda a información sobre as castañas. Parece ser que recentes investigacións e achados arqueolóxicos demostran a presenza deste froito na nosa península antes da chegada dos pobos conquistadores.

      Eliminar