Seguro que recordades que temos unha preguntiña por ahí sen resolver.
Sabiamos cal era o punto máis meridional de América:
O islote Águila, no arquipélago das illas Diego Ramírez, nas coordenadas 56º 32´ 15´´ Latitude Sur, 68º 43´ 10´´ Lonxitude Oeste.
1. Sabemos xa Cal é o punto máis occidental de Oceanía e as súas coordenadas?
E xa postos...
2. Seriamos quen de averiguar cal é o punto máis Septentrional de España e cales as súas coordenadas?
3. ...E o punto máis occidental de España e as súas coordenadas?
4. ... E cambiando de tema... Que animaliño era o que nos trouxo Antón estos días? (deixovos unha foto para que o recordedes)
Cantas dúbidas!!!!!!!!!!!



