lunes, 13 de marzo de 2017

QUE SON OS VIRUS?

VIRUS: Microorganismo composto por material xenético protexido por envoltorio proteico, que causa diversas enfermidades introducíndose como parásito nunha célula para reproducirse nela.
De entrada clasificar algo como Ser Vivo ou non, depende da nosa definición de VIDA. No noso caso dicimos que un ser vivo debe cumplir as tres funcións vitais: Nutrición, Reprodución e Relación.
QUE PASA ENTÓN COS VIRUS?
Parece ser que non captan alimentos, nin se relacionan co medio (a priori), e aínda que si se reproducen, non o fan por si mesmos, secuestran células de outros organismos para replicarse.
Sin embargo, recentes estudos (Arshan Nasir y Gustavo Caetano-Anollés) califican aos virus de "forma de vida diferente á de outros organismos".

4 comentarios:

  1. Paréceme moi interesante,son cousas que non sabía.

    Andrea 5A.

    ResponderEliminar
  2. Que interesante saber que un microorganismo como o da foto poda estar no noso corpo por unha enfermidade.
    Paula 5A

    ResponderEliminar
  3. O vídeo é moi chulo .
    É como unha campaña coma a que estamos a facer na clase.

    Mara5A

    ResponderEliminar