Mostrando entradas con la etiqueta sistema nervioso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sistema nervioso. Mostrar todas las entradas

jueves, 2 de febrero de 2017

CÉLULAS NERVIOSAS: NEURONAS

Acabamos de descubrir que no noso ENCÉFALO temos ao redor duns 100.000.000.000 de neuronas (1011).
Pero,... 
Que é unha NEURONA?
As neuronas son unhas células especializadas que forman o sistema nervioso. Transmiten o impulso nervioso.

Sabedes que outras cousas descubrimos:

  • Que máis importante que o número de neuronas é a forma en que estas interactúan entre si.
  • Que existen distintos tipos e que realizan distintas funcións.
  • Que os lugares onde as neuronas se conectan unhas coas outras chámanse espacios sinápticos.
  • O número de neuronas varía en función da idade: Os bebes teñen maior número de neuronas que os adultos.
  • Os demáis animais tamén teñen neuronas: Abella-960.000; ra-16.000.000; gato-300.000.000: chimpancé-6.200.000.000; elefante africano-11.000.000.000.
  • Que un dos máis prestixiosos científicos da nosa época, Stephen Hawking, padece unha enfermidade dexenerativa destas células nerviosas (ELA: esclerosis lateral amiotrófica).

(Película recomendada: "La teoría del todo")