Mostrando entradas con la etiqueta arqueoloxía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arqueoloxía. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de marzo de 2017

FÓSILES CO PROFE GUILLERMO


O pasado venres 17 de marzo o profe Guillermo preparounos no salón de actos unha incrible exposición de fósiles, onde nos explicou con todo luxo de detalles como se formaban, os distintos tipos que se podían topar na súa terra, A Rioxa, onde el os atopa nas súas expedicións arqueolóxicas, que era preciso para que os restos atopados foran fósiles, .... e moitas máis cousiñas.
Ademais, puidemos tocalos e comprobar con calma o tacto tan incrible que teñen estas pezas fosilizadas. Tivemos nas nosas mans: Amonites, Trilobites, distintos tipos de bivalvos, esponxas, corais, ... Vamos Xenial!
Gustounos moito!
Grazas Profe Guillermo!
Estamos desexando ir nós tamén de expedición!
Mentras,... 
Seredes quen de poñerlle nome aos fósiles que se ven nas imaxes?
1.

2.

3.

4.

5.

6.

7.

Saberedes explicar por que na Rioxa, que está a moitos Km do mar se atopan tantos restos fósiles de animais e plantas mariños?

viernes, 3 de marzo de 2017